|
Este verán de 2008 embarcámonos nunha aventura para ver a un dos
grupos musicais máis grandes que houbo nunca. Desaparecidos
durante sete anos e reaparecidos esta tempada, aproveitamos a
ocasión do Óptimus Alive de Lisboa para asistir a un concerto
impresionante, cañeiro, intenso e, sen embargo, escaso, pois non
chegou nin á hora e media de duración. Era unha obriga velos en
directo, agora xa podo durmir tranquilo. E Arantxinha e Feli
foron máis xefes ke ninguén: foron a velos con pase VIP a Madrid
un mes antes e logo tamén a éste de Lisboa, e por se non era
suficiente, entre Madrid e Lisboa tamén se paparon a Metallica,
Iron Maiden, Slayer e Machine Head, sónche finos!. |